A resolución afronteina con actitude positiva, para poder superar os problemas que me puidesen xurdir, ainda que ao final non atopei ningún tipo de problema, únicamente que ao seleccionar o tipo de impresión os formatos de doblado á metade, ou en cuartos fíxose algo lioso.
b. En xeral, pareceuche interesante a práctica?, cres que podes aplicar o traballado na túa futura actividade profesional?, consideras que debería estar no programa da materia nos próximos anos?
A practica resultoume interesante na medida que aprendemos novas utilidades para elaborar materiais didácticos, posiblemente podería empregalo nun futuro para levar a cabo a miña labor docente. Sí podería estar nos programas docentes de outros anos, pero hai funcións que eu considero moito máis útiles para elaborar material didáctico.